Asamblea, 201727 NOVIEMBRE 2017

Asamblea Xeral APREVAR 2017

Asamblea Xeral APREVAR 2017


Asamblea Xeral APREVAR 2017

O Sábado 25 de Novembro, celebrouse, coma todos os anos en APREVAR, a Asamblea Xeral de 2017.

O salón de actos da propia asociación, foi o lugar escollido para levar a cabo a celebración, a cal contou coa presenza de máis de 200 asociados e a Xunta Directiva ó completo.

A Asamblea comezou coa benvida de D. Luis Abelleira Mayor, Presidente da asociación e coa lectura da acta por parte de Dna. Concepción Villar, Xerente da mesma.


Ademáis da aprobación dos presupostos de este último ano, tratáronse temas de importancia:

  • Plans de actuación contra os talleres ilegais.
  • Normativa do Responsable técnico de taller.
  • Aire acondicionado e gases fluorados.
  • Normativa do importe dos presupostos nos talleres de cara ós clientes.
  • ITV, e os grandes adiantos que se deron en este aspecto.


Para rematar, D. Ignacio de Oliveira, abogado da asociación, tomou a palabra para abordar as modificacións do Convenio Provincial e Estatal no referente á Formación en Prevención de Riscos Laborais que teñen que levar a cabo os empregados e as sancións correspondentes por dito incumplimento.


Un ha vez finalizada a Asamblea levouse a cabo a comida anual, a cal contou coa presenza de diversas autoridades, entre éles:

  • D. Pablo Rivera Capón (Deputado de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes).
  • D. Ramón Carballo Paez (Subdelegado do Goberno en Lugo).
  • D. José Manuel Balseiro Orol (Delegado da Xunta de Galicia en Lugo).
  • Dna. Lara Méndez López (Alcaldesa do Excelentísimo Concello de Lugo).


Salientar que se gardou 1 minuto de silencio por o día en contra da violencia de xénero.


Pódese ampliar a noticia a través das entradas do noso Facebook, no que se compartiron fotos do evento.

Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si utilizas este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies. Más información