Xornada - "A cooperación como base do emprendemento"

A COOPERACIÓN COMO BASE DO EMPRENDEMENTO

13 de Setembro - 9:00 a 14:00 - APREVAR

Inscripción - 982 30 39 02 ou a través do seguinte formulario. A cooperación como base do emprendemento

APREVAR, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Rede EUSUMO, organiza a xornada "A cooperación como base do emprendemento". Esta actividade está integrada dentro do fomento do cooperativismo e a economía social para este ano 2017.

Esta xornada terá lugar o 13 de Setembro nas instalacións de APREVAR. A través da mesma preténdese dar a coñecer a fórmula cooperativa e informar dos recursos para levar a cabo un proxecto de creación de unha Sociedade Cooperativa.

Apoio S. Cooperativa, será a encargada de achegar ós asistentes de unha maneira dinámica e participativa o programa da mesma, e estarán acompañados por Nosa Enerxía S. Cooperativa, enmarcada no ámbito ecolóxico e os cales expoñerán a súa experiencia.

A xornada vai dirixida tanto a traballadores desempregados como tralladores en activo.

Programa:

  • A Rede EUSUMO e o Consello Galego de Cooperativas.
  • Definición de Cooperativismo. Principios e valores nos que se sustenta.
  • Mesa técnica de experiencias cooperativas ecolóxicas. 
  • Emprendemento colectivo e as súas vantaxes.
  • Iniciativas de apoio a emprendedores.

Participan:

  • Apoio S.C.G.
  • Nosa Enerxía S.C.G.

Inscripción -  A cooperación como base do emprendemento.

Contamos contigo!

FINALIZADO

Horas: 5 Hs

Modalidad: Presencial

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando AQUI