10 MAYO 2023

PRÁCTICAS NON LABORAIS


PRÁCTICAS NON LABORAIS

¿Estás interesado/a en acoller alumnos/as en prácticas na túa empresa? pois esta é a túa oportunidade!

Os/as alumnos/as dos cursos do plan AFD de APREVAR están desexando aprender e coñecer de preto o sector do automóbil. Os cursos que se van a impartir son:

  •     Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos ( 40h. de MF Prácticas)
  •     Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos( 40h. de MF Prácticas)
  •     Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares ( 40h. de MF Prácticas)
  •     Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles ( 80h. de MF Prácticas)
  •     Pintura de vehículos ( 40h. de MF Prácticas)
  •     Planificación e control da área de electromecánica ( 80h. de MF Prácticas)
  •     Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos ( 80h. de MF Prácticas)
  •     Actividades de xestión administrativa( 80h. de MF Prácticas)
  •     Docencia da formación profesional para o emprego ( 40h. de MF Prácticas)
  •     Programación de sistemas informáticos ( 80h. de MF Prácticas)  

As prácticas dos cursos teñen unha duración de entre 40h. e 80h. según o curso ao que correspondan. Para a súa realización pódese establecer o horario que mellor lle conveña sempre que realice como máximo 8 horas diarias.

Lembrar que as prácticas non laborais en empresas non constitúen relación laboral e que non existe ningún tipo de custo para a empresa .

Se estás interesado/a en acoller alumnos/as en prácticas podes poñerte en contacto con nós a través do teléfono 982303902, fax 982303125 ou no  e-mail formacion@aprevar.com.

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando AQUI