RESUMO DA XORNADA "A COOPERACIÓN COMO BASE DO EMPRENDEMENTO"
Rede Eusumo
O 13 de Setembro, levouse a cabo nas instalación de APREVAR a Xornada “A cooperación como base do emprendemento”, actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Rede Eusumo.
A xornada foi levada a cabo por Daniel Diéguez Diéguez, creador da Cooperativa Apoio S. Coop. G. a cal fomenta unha formación innovadora que dinamiza tanto a persoas como organización para desenvolver o potencial que posúen.
O total de asistentes foron 15, entre eles membros da Lanzadeira de Emprego de Lugo, membros da Axencia de Colocación APREVAR, talleres asociados... mostrándose todos eles moi participativos e colaborativos, gracias en gran parte ás actividades propostas por Daniel, as cales creaban un entorno reflexivo e cooperativo de traballo en equipo, creando debates e reflexións profundas, todo mesturado con unha dose de humor, xa que en algúns tramos da xornada vivíronse momentos de gran diversión dentro da propia experiencia.
A xornada tivo como obxectivo dar a coñecer as bases do cooperativismo así como a súa divulgación, sempre tendo en conta ós principais organismos, como son a Xunta de Galicia e a Rede Eusumo, as cales ofrecen os recursos necesarios para levar a cabo o proxecto de creación de unha cooperativa.
No tramo final da mesma, Pablo, membro da cooperativa Nosa Enerxía S. Coop. G. adicada á comercialización da enerxía renovable galega, expuxo a súa experiencia, facendo fincapé nos seus valores e principios, así como os obxectivos que teñen a través de esta maneira de emprendemento.
O feedback resultante foi o de unha xornada moi interesante e entretida que nos achega e nos fai descubrir un pouco máis o mundo do cooperativismo e a economía social.
O próximo día Mércores 20 de Setembro levarase a cabo outra xornada titulada “A Cooperación como motor Social” na cal se profundizará máis se cabe no cooperativismo e a economía social.
A inscripción levarase a cabo a través do teléfono 982303902 ou a través do correo electrónico orientació[email protected]
Esperamos a vosa participación.