Resumo Xornada "A cooperación como motor social"
Rede Eusumo

O Mércores, 20 de Setembro, levouse a cabo nas instalación de APREVAR a Xornada “A cooperación como motor social”, actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Rede Eusumo.
A xornada foi levada a cabo por Daniel Diéguez Diéguez, creador da Cooperativa Apoio S. Coop. G. a cal fomenta unha formación innovadora que dinamiza tanto a persoas como organizacións para desenvolver o potencial que posúen.
O total de asistentes foron 13, sendo practicamente a súa totalidade traballadores desempregados da Axencia de Colocación APREVAR, que buscan o emprendemento cooperativo como unha alternativa á situación actual do mercado laboral, conseguindo así un movemento constante e unha reciclaxe continua acompañada de un traballo de networking que pode xerar novas oportunidades.
Dende un primeiro momento, os asistentes participaron de unha maneira moi activa, poñendo sobre a mesa as principais inquietudes en torno ó tema principal, Cooperativismo, Cooperativas, Economía social.
Os puntos máis tratados na xornada foron os seguintes:
- A rede Eusumo e o Consello Galego de Cooperativas.
- ¿Qué é unha cooperativa?
- Tipos de cooperativas.
- Capital mínimo.
- Diferencia de unha cooperativa con outras sociedades.
- Burocracia para a creación da cooperativa.
- Valor social.
- Participación das mulleres nas cooperativas.
A raíz de estos principais puntos xurdiron novas inquedanzas e curiosidades, todas élas respondidas dende un punto de vista coñecedor do tema a tratar, como é o de Daniel, creando así un entorno de reflexión con unha mestura de humor que fixeron de esta xornada unha experiencia moi enriquecedora e grata.
No tramo final da xornada, Pepe Cuadrado, socio de Terras da Mariña S. Coop. G. de Lourenzá, que se adica á producción de "Faba de Lourenzá", expuxo a súa experiencia á fronte da mesma, poñendo sempre en valor o mundo rural.
Contounos o nacemento da cooperativa, os obxectivos da mesma, valores cos que levan a cabo o seu traballo, así como proxectos actuais e futuros nos que están traballando. Con unha mostra do seu ben máis prezado, a "Faba de Lourenzá" en diferentes formatos, achegounos máis se cabe e de unha maneira moi apaixoada o traballo que se realiza día a día nas terras da mariña lucense.
O feedback resultante foi o de unha xornada moi interesante e entretida que nos achega e nos fai descubrir un pouco máis o mundo do cooperativismo e a economía social.
O próximo Luns 25 de Setembro levarase a cabo outra xornada titulada “Cooperación como fórmula de éxito” que se levará a cabo no IES Ánxel Fole de Lugo, para alumnos de 4º da E.S.O.
Más noticias
Los talleres podrán cobrar por un presupuesto si informan antes al cliente
PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA LA CONTRATACIÓN EN LA EMPRESA ORDINARIA 2018
ABANCA e APREVAR atopan novas fórmulas para impulsar a actividade comercial
PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL
PROCEDIMIENTO DE ACTUACIÓN PARA LOS SERVICIOS DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES FRENTE A SARS-COV-2