10 MAYO 2023

ABANCA E APREVAR ATOPAN NOVAS FÓRMULAS PARA IMPULSAR A ACTIVIDADE COMERCIAL


ABANCA E APREVAR ATOPAN NOVAS FÓRMULAS PARA IMPULSAR A ACTIVIDADE COMERCIAL

 A entidade financeira e os empresarios de talleres de reparacións de vehículos de Lugo asinan un convenio con múltiples opcións de crédito para asociados

 Os profesionais gozarán de mellores condicións na contratación de produtos do banco galego

12.09.2018. ABANCA e a Asociación Provincial de Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios de Lugo (Aprevar) veñen de acadar un novo acordo de colaboración en materia financeira. Este convenio supón un reforzo da súa alianza para impulsar o sector e permite facilitar o crédito aos profesionais desta organización en condicións vantaxosas.

O presidente de Aprevar, Luis Abelleira Mayor, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, rubricaron hoxe na cidade lucense o novo convenio. O crédito é, novamente, unha das pezas básicas do texto asinado.

Os asociados de Aprevar accederán a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Poderán contratar produtos como préstamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.

Ademais, o documento asinado pon a disposición dos adheridos a Aprevar produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

O texto rubricado permite igualmente beneficiarse de liñas de financiamento especial grazas ao Plan Activamos. Así, os asociados poderán dirixirse ás oficinas de ABANCA para solicitar información e financiamento, a través desta liña aberta polo banco e a Deputación de Lugo.

Do mesmo xeito, os comerciantes adheridos poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores 2018’ co ICO, mediante o cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.

Os asociados tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Adicionalmente, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos membros da asociación e darlles unha atención máis personalizada, a entidade poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapte ás necesidades de cada asociado. ABANCA tamén poñerá a disposición deste colectivo o seu servizo de banca a distancia.

Ademais, os asociados que estean interesados en ampliar a seu negocio á venda por Internet contarán cun desconto dun 20% na creación dunha tenda online gracias a un acordo entre ABANCA e a empresa Palbin.

Aprevar naceu no ano 1977 en Lugo e agrupa os intereses de más de 500 empresas do sector que operan na provincia. ABANCA é a primeira entidade financeira en Galicia e conta coa rede máis extensa de oficinas da comunidade e cunha oferta financeira orientada a atender as necesidades de familias, empresas e autónomos.


Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando AQUI