Fomento do Cooperativismo e a Economía Social
Xornadas de Cooperativismo e Economía Social.

No mes de Setembro, APREVAR, levará a cabo diferentes xornadas informativas en colaboración coa Xunta de Galicia e a Rede EUSUMO para o fomento do cooperativismo e a Economía Social.
13 de Setembro, de 9:00 a 14:00, Xornada "A cooperación como base do emprendemento" Dirixida fundamentalmente a traballadores en situación de desemprego e traballadores ocupados.
Programa:
- A Rede Eusumo e o Consello Galego de Cooperativas.
- Definición de cooperativismo. Principios e valores nos que se sustenta.
- Mesa técnica de experiencias cooperativas ecolóxicas.
- Emprendemento colectivo e as súas vantaxes.
- Iniciativas de apoio a emprendedores.
Inscripción "A cooperación como base do emprendemento".
20 de Setembro, de 9:30 a 14:00, Xornada "A cooperación como motor social" Dirixida fundamentalmente a traballadores en situación de desemprego e traballadores ocupados.
Programa:
- A Rede Eusumo e o Consello Galego de Cooperativas.
- Definición de Economía Social. Principios e valores nos que se sustenta.
- O modelo cooperativo como motor social no ámbito laboral.
- A crecente participación das mulleres nas cooperativas. Perfil de unha persoa emprendedora.
- Mesa técnica de experiencias cooperativas con exportacións internacionais.
Inscripción Xornada "A cooperación como motor social"
27 de Setembro, de 11:00 a 13:30, Xornada "Cooperación como fórmula de éxito" Dirixida a alumnos de E.S.O.
Programa
- A Rede Eusumo e o Consello Galego de Cooperativas.
- Definición das principais habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
- Definición de cooperación e de sinerxia.
- Vantaxes do traballo cooperativo.
- Definición de unha cooperativa.
- Exposición dunha experiencia cooperativa no seu ámbito xeográfico.
Participarán: Apoio S.C.G e Nosa Enerxía S.C.G
Difundeo cos teus compañeiros, será unha gran experiencia.
Gracias pola colaboración.
Más noticias
CIUDADANOS PIDE QUE TALLERES HOMOLOGADOS EXPIDAN CERTIFICADOS PARA LAS ITV DESFAVORABLES
Los talleres podrán cobrar por un presupuesto si informan antes al cliente
Últimos días para matricularse en el curso Cambios Robotizados y Automáticos
SUBVENCIONES PARA PROYECTOS DE AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA Y ENERGÍAS RENOVABLES