EMPREGO XUVENIL26 ABRIL 2017

PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL

PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL


PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL

Con data 20/07/2016 ditouse pola Secretaria Xeral de Emprego, Resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.322ª.481.0, polo importe de 14.711,71 euros á entidade APREVAR, equivalente aos custos salariais do traballador contratado maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de Dito salario, resultantes da contratación de 1 mozo desempregado inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “ASISTENCIA TÉCNICA ÁS EMPRESAS EN MATERIA DE EMPREGO E SERVIZOS DE PERSOAL”

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

O obxectivo de APREVAR  coa contratación dun técnico en materia de emprego é complementar o traballo realizado pola entidade a través da Axencia de Colocación, concretamente na atención ás empresas da provincia de Lugo, ofrecéndolles un servizo personalizado de intermediación laboral con todo o que implica: xestión de ofertas de emprego, preselección, selección e formación de persoal e asesoramento en materia laboral.

Os beneficios deste servizo para as empresas son múltiples:

  • Redución dos custos de selección e reclutamento de persoal ao ser un servizo gratuito.

  • Redución do tempo de duración dos procesos de selección e reclutamento de traballadores, dado que a entidade xa conta cunha base de datos, e non é preciso publicar a oferta, agardar que os candidatos se inscriban e envíen os seus currículums, etc.

  • Ademais da asistencia nos procesos de contratación, teñen acceso a outro tipo de servicios (detección de necesidades formativas da súa plantilla, deseño de postos de traballo, formacion, etc.)  e a posibilidade de realizar formación a demanda para os seus traballadores.

  • Externalizar este tipo de tarefas permitelle ás empresas medrar nas áreas donde son fortes para encamiñar o negocio cara o éxito empresarial.

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando AQUI